ATOPA CONVIVENCIA
Dende o equipo de convivencia e o departamento de orientación, queremos contarvos que o noso centro vai formar parte dunha experiencia piloto no eido da convivencia. Imos participar coas nosas alumnas e alumnos no proxecto Atopa, promovido pola asociación ASTEAVI de Vigo e coa colaboración da Escola de Telecomunicación de Vigo.
Trátase da utilización dunha sinxela APP para realizar test sociométricos que nos van permitir coñecer o clima de convivencia nas aulas. Formamos parte dun grupo de 8 centros de ensino no que se vai implantar esta experiencia. As ferramentas dixitais, que pon AsTEAVi á nosa disposición de xeito gratuito, vannos permitir analizar con rigor os resultados do traballo en convivencia que levamos facendo estes anos e propoñer melloras para seguir avanzando nesta liña, un dos obxectivos principais do noso centro.Se queredes saber máis sobre o proxecto ATOPA, podedes consultar as seguintes ligazóns:
https://view.genial.ly/6144fb562c6ff60ddba8cc3d/interactive-content-atopa
https://www.atopa.es/index.html
Esperamos que esta iniciativa resulte do voso interese e agardamos, coma sempre, que nos fagades chegar as vosas suxerencias.
Unha aperta,
Equipo de Convivencia e DO
Comentarios
Publicar un comentario